bulideira
bulideira

SERVICIOS LÚDICO-EDUCATIVOS 

TÍ DINOS O QUE QUERES…
E NÓS DESEÑAMOS UNHA ACTIVIDADE A TÚA MEDIDA!!!

A maiores da formación levada a cabo por Bulideira, etl; a Asociación sociocultural e educativa BULE (que ostenta a titularidade de Bulideira) tamén desenvolve diferentes proxectos e actividades ocio e tempo libre, en diferentes ámbitos e con diferentes colectivos.

QUE SERVICIOS PODEMOS DESENVOLVER?

  • Campamentos de Verán, Campamentos Urbáns, Campos de Traballo, acampadas e actividades medioambientais.
  • Actividades lúdico-educativas. Actividades extraescolares en colexios.
  • Proxectos e actividades de intervención con persoas maoires.
  • Actividades de TEMPO LIBRE: xogos de cidade, kermesse, cumpreanos, comuñóns, etc…
  • Visitas organizadas a lugares de interés.
  • Aulas de natureza.
  • Ludotecas.
  • Actividades Medio Ambientais.
  • Proxectos de intervención sociocultural.
  • Escolas de Nais e Pais.

PARA QUÉN TRABALLAMOS?

  • Xunta, Concellos e Deputacións.
  • ANPAs, OMIX e Asociacións veciñais e socio-culturais.
  • Institucións de maiores, centros de Educación Especial, e todas aquelas entidades que queiran desenvolver unha actividade de OCIO E TEMPO LIBRE DE CALIDADE.

QUE INCLUEN OS NOSOS SERVICIOS?

  • Deseño, organización, programación e desenvolvemento das actividades.
  • Seguro de R.C.
  • Monitores/as-educadores/as titulados/as.
  • Materiais para as actividades.
  • Asesoramento técnico.
  • Servicio de transporte (si se quere), para a actividade contratada.
  • Servicio de apoio e de adaptación para nenos/as con N.E.E.

O noso equipo está composto por un extenso, variado e experimentado número de animadores/as, monitores/as, e educadores/as, que se adaptarán a desenvolver calqueira tipo de actividade lúdica, educativa, formativa ou de animación sociocultural.


CON QUE COLECTIVOS TRABALLAMOS?

  • Diriximos as nosas accións lúdico-educativas e formativas cara: nenos/as e xoves, adultos/as, colectivos marxinados, mulleres, personas maiores, grupos profesionais, persoas con necesidades educativas especiais, etc...

TRABALLAMOS EN TODA GALICIA

bulideira

QUEREMOS MELLORAR A SOCIEDADE DENDE O MUNDO DO OCIO E O TEMPO LIBRE

Entidade inscrita no Rexistro de entidades para impartir programas de formación en hixiene alimentaria con número 504/GA autorizada o 22-03-2013
A titularidade de BULIDEIRA, escola de tempo libre a ostenta a Asociación Sociocultural e Educativa BULE, de ámbito autonómico e inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia co nº 2012/016304 o 5 de marzo de 2012.
bulideira  
etlbulideira@gmail.com
Tfno. 669 432 111
facebook