DIRECTOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE
Duración: |
150 horas teórico prácticas + 150 horas de prácticas |
Lugares de impartición: |
Principalmente nos municipios da provincia de Lugo aínda que tamén os realizamos no resto da comunidade galega. |
Requisitos: |
* Ganas de mellorar, colaborar e aprender.
* Estar en posesión do título de monitor de actividades de tempo libre.
* Posuír, polo menos, un título de ensino secundario.
* Acreditar unha experiencia de traballo como monitor no campo da educación/animación no tempo libre de, alomenos, 250 horas ou como integrante do equipo de animación en colonias ou campamentos por un total de 30 días, despois da obtención do título de monitor. |
Destinatarios/as: |
Monitores de actividades de T.L., orientadores educativos, monitores de comedores, monitores de actividades extraescolares, animadores e técnicos de tempo libre e deportivos, educadores sociais,iIntegradores sociais, psicólogos, pedagogos, psicopedagogos, animadores socioculturais, mestre de primaria, monitores de ludotecas, monitores de discapacitados, membros de asociacións vinculadas a este eido, e en xeral, toda aquela persoa interesada neste tema. |
Contidos: |
Área de psicosocioloxía (40 horas)
- Dirección de equipos e liderato.
- O perfil do director/a de tempo libre.
- A dirección dun equipo de traballo.
- O/a director/a como líder. Distintos modelos de dirección.
- A dinámica de liderato. Reunións de equipo.
- O equipo como base da intervención. Animación e dinámica de equipos.
- Estrutura, evolución e roles.
- Elementos estruturais dos equipos: obxectivos, cohesión, normas.
- Etapas de evolución dos equipos.
- Dificultades e conflitos. Estratexias de resolución.
- A comunicación interpersoal.
- Análise das realidades sociais.
- Técnicas básicas de intervención social.
- Fundamentos sociolóxicos do ocio e o tempo libre.
- Ámbitos de intervención
- Rural e urbano.
- Infancia, xuventude, adultos, vellez.
- Sectores sociais: muller, marxinación, desempleo.
- Intervención en espazos concretos: concellos, barrios, parroquias, institucións públicas, entidades privadas e asociacións.
- Asociacionismo e participación na sociedade civil. O papel do voluntariado e do profesional.
Área de intervención educativa (25 horas)
- Correntes pedagóxicas e influencia na pedagoxía do tempo libre.
- Pedagoxía do ocio. Concepto do tempo libre.
- Educación en valores: ideario educativo.
- Metodoloxía e modelos de intervención en actividades de tempo libre: actividade, participación, convivencia.
- Asociacións como espazo educativo.
Área de xestión (85 horas)
- Planificación e deseño de proxectos de intervención. Elementos básicos.
- Análise da realidade. Avaliación inicial.
- Obxectivos e prioridades.
- Actividades e estratexias de acción.
- Temporalización: plannings e cronogramas.
- Recursos humanos e materiais.
- Orzamentos
- Avaliación e seguimento.
- Estratexias de xestión.
- Organización e modelos organizativos.
- Administración, xerencia e xestión económica.
- Plan contable
- IVE e outros impostos
- Captación de recursos, Patrocinio, subvenciones e convenios.
- Confección de orzamentos.
- Xerencia
- Intendencia
- Lexislación
- Lexislación sobre asociacionismo.
- Persoas físicas e xurídicas.
- Estruturas supraasociativas
- Lexislación relativa ás actividades de tempo libre
- Responsabilidade civil e penal
- Normas sanitarias, permisos.
- Seguros de responsabilidade.
- Políticas e recursos institucionais
- Infancia e xuventude.
- Terceira idade.
- Muller.
- Discapacidade.
- Marxinación social.
- Cooperación internacional.
|