bulideira
bulideira

CURSOS DE FORMACIÓN


a) Cursos Oficiais de Tempo Libre:

BULIDEIRA, é unha escola de tempo libre recoñecida pola Xunta de Galicia co nº G-46 para impartir formación en tempo libre, establece tres modalidades de cursos oficiais formativos en tempo libre recoñecidos pola Xunta de Galicia (conforme o establecido no Decreto 50/2000 e o complementado no Decreto 58/2012 (Doga 6-2-2012) que modifica o anterior):

    1) Cursos de MONITOR/A de actividades de tempo libre.
    2) Cursos de DIRECTOR/A de actividades de tempo libre.
    3) Cursos de DIRECTOR/A de campos de traballo.

b) Cursos monográficos de Tempo Libre:

BULIDEIRA, tamén quere completar a formación que reciben os profesionais que traballan no tempo libre con CURSOS MONOGRÁFICOS, deseñados para atender as necesidades de formación existentes destes profesionais.


c) Cursos/Clases de GANCHILLO:

BULIDEIRA, quere ir cos tempos e atender as necesidades de lecer de moitas mulleres e mozos/as que queren invertir o seu tempo libre de xeito constructivo. Así ofertamos cursos de:

  • Iniciación ao Ganchillo.
  • Monecos con Ganchillo.
  • Mantas persoalizadas a Ganchillo.
  • Avanzado de Ganchillo.

d) Cursos Oficiais de Manipulador/a de Alimentos:

BULIDEIRA, como entidade inscrita no Rexistro de entidades da Xunta de Galicia para impartir de programas de formación en hixiene alimentaria con número 504/GA e autorizada o 22-3-2013; tamén quere colaborar na formación neste ámbito, impartindo cursos de MANIPULADOR/A DE ALIMENTOS adaptados a cada sector.

Si és un Concello ou outra entidade...

¡¡¡ SOLICÍTANOS UN ORZAMENTO SEN COMPROMISO !!!

Coñeza os nosos cursos
·······················································
·······················································
TRABALLAMOS EN TODA GALICIA

bulideira

QUEREMOS MELLORAR A SOCIEDADE DENDE O MUNDO DO OCIO E O TEMPO LIBRE

Entidade inscrita no Rexistro de entidades para impartir programas de formación en hixiene alimentaria con número 504/GA autorizada o 22-03-2013
A titularidade de BULIDEIRA, escola de tempo libre a ostenta a Asociación Sociocultural e Educativa BULE, de ámbito autonómico e inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia co nº 2012/016304 o 5 de marzo de 2012.
bulideira
bulideira  
etlbulideira@gmail.com
Tfno. 669 432 111
facebook