bulideira
bulideira
Consulte os Cursos e Actividades que imos realizar

CURSO CONFIRMADO:
* CURSO OFICIAL DE MONITORES/AS DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE.
• Lugar: Marcelle Natureza – Outeiro de Rei (Lugo).
• Convoca: Empresa – Marcelle Natureza.
• Prazas: 25 mozos e mozas de 18 a 35 anos.
• Días: do 25 de xaneiro ao 29 de marzo de 2020.
• Horario: Fins de semana, tardes de 16 a 21 horas e mañás de 10 a 15 horas.
• Información: Ramón García 669432111
• Inscripcións: berto@marcellenatureza.com
• Prezo: 200 €.

Ficha inscripción PDF

Ficha inscripción ODT

-----------------------------------------------------------------------------------

¿QUE É BULIDEIRA?

 Bulideira escola de tempo libre xorde para dar resposta ás necesidades e demandas do ámbito do tempo libre, a animación sociocultural e a educación non formal na actualidade. As cada vez máis solicitadas actividades de lecer destinadas a diversos sectores da poboación, requiren a formación dun monitorado e persoal humano de calidade, profesionalizado, serio e preparado.

  Así mesmo, Bulideira escola de tempo libre aposta pola calidade nos seus servicios e actividades, buscando dinamizar a sociedade en xeral e as nosas institucións en particular,  propoñendo e levando a cabo proxectos de educación para o tempo de lecer así como de voluntariado, que suporán unha garantía para o benestar social así como tamén para a valoración e conservación do noso patrimonio natural, histórico, cultural, etnográfico, artístico e lingüístico.

 Bulideira escola de tempo libre ten dúas liñas de traballo: as accións formativas e actividades que a nosa escola programará en función das necesidades detectadas, e aquelas accións formativas e/ou proxectos que diversas entidades poidan demandar.

  Bulideira nace cunha dobre finalidade: servir de apoio ás diferentes administracións (Concellos, Deputacións e Xunta), centros educativos e asociacións á hora de ofertar e desenvolver actividades de animación sociocultural, tempo libre e complemento ó currículo; e por outra banda, dar a coñecer as grandes vantaxes e posibilidades das actividades que ten o campo do lecer e o tempo libre á poboación en xeral.

  En conclusión, Bulideira escola de tempo libre busca, co seu proxecto educativo, a mellora da calidade de vida das persoas e da sociedade en xeral, achegándolles un novo xeito de aprender e de empregar o seu tempo de lecer nun clima de respecto, diversión e cooperación.  

TRABALLAMOS EN TODA GALICIA

bulideira

QUEREMOS MELLORAR A SOCIEDADE DENDE O MUNDO DO OCIO E O TEMPO LIBRE

Entidade inscrita no Rexistro de entidades para impartir programas de formación en hixiene alimentaria con número 504/GA autorizada o 22-03-2013
A titularidade de BULIDEIRA, escola de tempo libre a ostenta a Asociación Sociocultural e Educativa BULE, de ámbito autonómico e inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia co nº 2012/016304 o 5 de marzo de 2012.
bulideira
Video corto sobre o Campo de Traballo de Portomarin de agosto do 2017.
Video largo sobre o Campo de Traballo de Portomarin de agosto do 2017.
bulideira  
etlbulideira@gmail.com
Tfno. 669 432 111
facebook